Asociación Cultural e Xuvenil Itaca
15705 Santiago de Compostela, España
Asociación Cultural e Xuvenil Itaca Información sobre la empresa
Información generál
Cando comeces a túa viaxe a Ítaca
pide que o camiño sexa longo,
pleno de aventuras, pleno de experiencias.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao irado Poseidón non temas:
nunca atoparás criaturas tales na túa ruta
se mantés o pensamento elevado, se unha
selecta emoción o teu corpo e espírito ilumina.
Aos Lestrigóns e aos Cíclopes,
ao feroz Poseidón non acharás.
Non, se non é a túa alma a que os alberga;
non, se non é ela a que chos mostra.
Pide que o camiño sexa longo.
Que sexan moitas as mañás de estío
que –con que pracer e ledicia!-
te conduzan a portos nunca vistos;
detente ante os mercados fenicios
e adquire as mellores mercancías,
madreperlas, corais, ámbar e ébano,
e toda sorte de perfumes sensuais,
tanta variedade deles como atopes;
vai a moitas cidades de Exipto
e aprende canto poidas dos seus sabios.
E leva sempre Ítaca na túa mente.
ela é a túa meta, o teu destino.
Mais non apresures nunca a túa viaxe.
É mellor que dure moitos anos
e recales na illa sendo vello,
rico de canto acadaches no camiño,
sen agardar que Ítaca te enriqueza.
Ítaca xa che deu tan fermosa viaxe.
Sen ela, nunca emprenderías o camiño.
Que máis pode ofrecerche?
E se a atopas pobre, non é que Ítaca te enganase.
Sabio como serás e con tanta experiencia
ben comprenderás o significado das Ítacas.
Κωνσταντίνος Πέτρου Καβάφης (Constantino Cavafis)
Rúa do Pombal,18. Santiago de Compostela
- Horario de apertura
- Estacionamiento
- La empresa dispone de un aparcamiento.
- Número de teléfono
- +34981562250
- Linki
- Cuentas de Redes sociales
- Palabras clave
- campamento, organización no gubernamental
Asociación Cultural e Xuvenil Itaca Opiniones y valoraciones
¿Cómo valora esta empresa?
¿Es usted el propietario de esta empresa? Si es así, no pierdas la oportunidad de actualizar el perfil de tu empresa, añadir productos, ofertas y posicionarte mejor en los buscadores.